CAMPAÑA DE ESQUÍ 2015

xoves, 4 Decembro, 2014

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE ESQUÍ na estación invernal de MANZANEDA na que poderán participar os nenos/-as nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005. Os participantes disfrutarán dunha fin de semana que inclúe o transporte, estadía e manutención na estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material incluído o casco, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. A entrada dos rapaces na estación será o venres (hora por determinar) e a saída o domingo ao finalizar o curso da tarde.


 


A Deputación asignoulle ao Concello de Santiago 45 prazas para participar na 2ª quenda: do 6 ao 8 de febreiro de 2015.


 


Para poder acceder ás prazas do Concello de Santiago haberá que estar empadroado (farase a oportuna comprobación no padrón de habitantes) e presentar a ficha de preinscrición debidamente cuberta en calquera dos Rexistros do Concello:


 


®     Rexistro Xeral : R/ Presidente Salvador Allende, 4 Baixo (Galeras)


®     Rexistro Auxiliar do Ensanche: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (Centro Sociocultural)


 


A data límite de presentación da preinscrición remata o venres 19 de decembro.


 


No caso de ter máis solicitudes ca prazas o Concello realizará un sorteo diante do Secretario, unha vez rematado o prazo de preinscrición.


 


Os adxudicatarios das prazas terán que aboar a cota de inscrición de 60 € e completar a documentación necesaria para a inscrición oficial que establece a Deputación: foto tipo carné, fotocopia da tarxeta sanitaria, carné de identidade ou fotocopia do libro de familia, copia do aboamento da cota de inscrición.


 


Máis información: Departamento Municipal de Deportes  981 528 730


 


Inscrición