CAMPAÑA DE ESQUÍ 2014

xoves, 16 Xaneiro, 2014

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE ESQUÍ na estación invernal de San Isidro na que poderán participar os nenos/-as nados nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003. Os participantes disfrutarán dunha fin de semana con aloxamento e manutención, ademais dos cursiños de esquí na estación de León. A entrada dos rapaces na estación será o venres pola noite antes da cea e a saída o domingo despois da comida.


 


A Campaña comezará a mediados do mes de febreiro e terá cinco quendas. O Concello de Santiago ten asignadas 37 prazas para a quenda 5 (do 21 ao 23 de marzo de 2014).


 


Para poder participar na quenda do Concello de Santiago haberá que estar empadroado e presentar a ficha de preinscrición debidamente cuberta en calquera dos Rexistros do Concello:


 


®     Rexistro Xeral : R/ Presidente Salvador Allende, 4 Baixo (Galeras)


®     Rexistro Auxiliar CERSIA empresa: Avda. do Alcalde Raimundo López Pol s/n.(San Lázaro)


®     Rexistro Auxiliar do Ensanche: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (Centro Sociocultural)


 


A data límite de presentación da preinscrición remata o venres 31 de xaneiro.


 


No caso de ter máis solicitudes ca prazas asignadas pola Deputación, o Concello realizará un sorteo diante do Secretario, unha vez rematado o prazo de preinscrición.


 


Os adxudicatarios das prazas terán que completar a documentación necesaria para a inscrición oficial:



  • Unha foto tipo carné

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria

  • Carné de identidade ou fotocopia do libro de familia

  • Copia de aboamento da cota de inscrición (36 €)

  • No suposto caso de que o neno/a tivera que ter un tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. IMPORTANTE: facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.

 


Máis información: Departamento Municipal de Deportes  981 528 730


Ficha de preinscrición