CAMPAÑA "CONQUISTA OS ELEMENTOS" DEPUTACIÓN DA CORUÑA

luns, 8 Xaneiro, 2018

A Deputación Provincial da Coruña informa do comezo da campaña divulgativa de sensibilización e visibilización do deporte feminino  "Conquista os elementos"; dirixida á sociedade en xeral, pero específicamente á mocidade, asociacións, federacións e escolas deportivas municipais. 

Na presente campaña, celebraranse un total de 23 videoforum en 23 Concellos de todas as comarcas da Provincia, que terán como eixo vertebrador, o documental “Contra os elementos” elaborado pola propia Deputación. Dita proxección verase acompañada polos relatos en primeira persoa de deportistas femininas, figuras relevantes do eido deportivo, adestradoras e adestradores, especialistas en deporte no eido educativo, árbitros, expertas e expertos en xornalismo deportivo ... Estes persoeiros, variarán en cada un dos eventos, así como o formato de presentación, podendo ser mesas redondas ou ben charlas -coloquios.

Os Concellos nos que terá lugar a celebración de ditos eventos son: Arzúa, Riveira, Negreira, Carballo, Betanzos, A Coruña, Oleiros, Cambre, Arteixo, As Pontes, Ferrol, Narón, Cee, Muros, Porto do Son, Ordes, Ortigueira, Santiago, Ames, Padrón, Melide, Vimianzo e Santa Comba.

O primeiro evento da campaña terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro venres 19 de xaneiro (Centro Sociocultural As Fontiñas de 19,00 a 21,00 h.)  Contará coa presenza de relatoras e relatores de excepción que participarán nunha mesa redonda baixo o nome “O empoderamento da muller no mundo do deporte”.  

Díptico informativo

Programa Santiago de Compostela