CAMPAMENTOS DEPORTIVOS VERÁN 2022 (DEPUTACIÓN DA CORUÑA)

venres, 22 Abril, 2022

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS VERÁN 2022 da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña adxudicoulle ao concello de Santiago de Compostela 20 prazas para o Campamento Deportivo de Verán na 1ª quenda (do 26 de xuño ao 1 de xullo), na que poderán participar as rapazas e rapaces empadroados en Santiago e que teñan entre 9 e 14 anos cumplidos (nacidos entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013).

A estancia e manutención será no IES Rosalía Mera (Rúa Archer Milton Huntington, 24  A Coruña)

Para poder acceder ás prazas do Concello de Santiago haberá que estar empadroado (farase a oportuna comprobación no padrón de habitantes) e presentar a seguinte documentación:

  • Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor.
  • Fotocopia do carnet de identidade ou libro de familia
  • Copia do aboamento da cota de inscrición 85 € (cando a praza estea confirmada  e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web).
  • No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, presentarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

  Esta documentación poderá presentarse: 

  • Na sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) no trámite “Inscrición en actividades”
  • No Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres, de 9,00 a 13,00 h.)

 TRÍPTICO INFORMATIVO E FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

 A data límite de presentación de inscricións remata o 20 de maio de 2022.

 Terán preferencia os/as rapaces/as que non participasen nos campamentos deportivos de verán da Deputación en edicións anteriores.

 No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas pola Deputación, realizarase, entre o 23 e o 26 de maio, un sorteo público diante do Secretario do Concello para adxudicar as prazas.

 Máis información:

Departamento Municipal deDeportes: 981 52 87 30 

Web da Deputación da Coruña: www.dacoruna.gal/deportes