CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN 2014

xoves, 8 Maio, 2014

A Deputación da Coruña adxudicoulle ao Concello de Santiago 28 prazas para participar no Campamento Deportivo, na quenda 1, do 29 de xuño ao 5 de xullo.


Poderán participar os rapaces e rapazas empadroados en Santiago e nados nos anos 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000.


O prazo de solicitude remata o luns 19 de maio.


Para inscribirse, é preciso que presenten, en calquera dos Rexistros do Concello, a seguinte documentación:


1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante.


2.- Unha foto de carné.


3.- Fotocopia da tarxeta sanitaria.


4.- Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.


5.- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do Concello). (A cota de inscrición son 85 €)


6.- No suposto de que a/o nena/o necesitara ter un tratamento específico ou doenza que se deba ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. IMPORTANTE facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.


No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación, o Concello realizará un sorteo diante do Secretario, unha vez rematado o prazo de inscrición.


Máis información:


Departamento Municipal de Deportes: 981 528 730 e dptodeportes@santiagodecompostela.org


Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña: 981 080 327 e  www.dicoruna.es


Tríptico informativo e folla de inscrición