CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 (DEPUTACIÓN DA CORUÑA)

martes, 30 Abril, 2019

A Deputación da Coruña adxudicoulle ao Concello de Santiago 18 prazas para participar no Campamento Deportivo de Verán, na quenda 4ª, do 21 ao 26 de xullo.

A estancia e manutención realizaranse nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo, no Concello da Coruña (Rúa Archer Milton Huntington, 24).

Poderán participar os rapaces e rapazas empadroados en Santiago e que teñan entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente ano 2019 (ambas idades incluídas).

O prazo de solicitude remata o 31 de maio.

Para inscribirse, é preciso que presenten, en calquera dos Rexistros do Concello, a seguinte documentación:

1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante.

2.- Unha foto tipo carné.

3.- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

4.- Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.

5.- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do Concello). (A cota de inscrición son 85 €)

6.- No suposto de que a/o nena/o necesitara ter un tratamento específico ou doenza que se deba ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. IMPORTANTE facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.

No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación, o Concello realizará un sorteo diante do Secretario, unha vez rematado o prazo de inscrición.

 FOLLA DE INSCRICIÓN + INFORMACIÓN


Máis información:

Departamento Municipal de Deportes: 981 52 87 30 e deportes@santiagodecompostela.gal

Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña: 981 08 06 44 e www.dacoruna.gal/deportes

gabinete.deportes@dacoruna.gal