CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2013

xoves, 16 Maio, 2013

Xa está aberto o prazo para inscribirse no Campamento Deportivo organizado pola Deputación da Coruña que se desenvolverá do 7 ao 13 do xullo e na que poderán participar os rapaces e rapazas empadroados en Santiago e nados nos anos 2003, 2002, 2001, 2000 e 1999.


O prazo de solicitude remata o xoves 16 de maio.


Para inscribirse, é preciso que presenten, en calquera dos Rexistros do Concello, a seguinte documentación:


1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.


2.- Unha foto de carné.


3.- Fotocopia da tarxeta sanitaria.


4.- Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.


5.- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do Concello). (A cota de inscrición son 85 €)


6.- No caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. IMPORTANTE facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.


No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación, o Concello realizará un sorteo diante do Secretario, unha vez rematado o prazo de inscrición.


Máis información: 981 528 730 e dptodeportes@santiagodecompostela.org


Tríptico e folla de inscrición