CAMPAMENTO DEPORTIVO DEPUTACIÓN 2013

luns, 8 Xullo, 2013

Os 35 nenos/-as de Santiago de Compostela  que obtiveron praza para participar no Campamento Deportivo da Deputación, incorporáronse o domingo pola tarde acudindo ás instalacións do Colexio Calvo Sotelo da Coruña, onde permanecerán ata o vindeiro sábado 13 pola mañá. Nesta quenda coinciden con outros concellos da zona como son Padrón, Boqueixón, Teo, O Pino, Ordes, Oroso, Porto do Son, Rois, Vedra, ... entre outros.


As actividades que poderan disfrutar  nesta edición son:


- ACTIVIDADES DEPORTIVAS: equitación, paseos a cabalo, multiaventura, kaiaks, orientación, piragüismo, paseos en barco, tenis, voleipraia, fútbol 7, baloncesto, volei, batuka, capoeira e hipp-hop


- VELADAS NOCTURNAS: Realizarán actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o respecto polos demais.


- ACTIVIDADES CULTURALES: Visita a centros de interese cultural da comarca e na cidade da Coruña.


A maiores pernoctarán unha noite en tendas de campaña e ademais ,como novidade deste ano, terán a actividade de INGLÉS.