BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE CESIÓN DE USOS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS (ADESTRAMENTOS) E ACTIVIDADES FÍSICAS DURANTE A TEMPADA 2022-2023

luns, 20 Xuño, 2022

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE CESIÓN DE USOS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS (ADESTRAMENTOS) E ACTIVIDADES FÍSICAS DURANTE A TEMPADA 2022-2023

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 20 de xuño de 2022,  aprobou as Bases reguladoras da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas (adestramentos) e actividades físicas durante a tempada 2022-2023.

Para a presentación das solicitudes deberanse cubrir os formularios que figuran nos trámites establecidos na Sede Electrónica do Concello de Santiago:

  • Uso instalacións deportivas municipais de tempada: campos de fútbol
  • Uso instalacións deportivas municipais de tempada: pavillóns
  • Uso instalacións deportivas municipais de tempada: pistas de atletismo
  • Uso instalacións deportivas municipais de tempada: salas de musculación

As entidades que precisen instalacións diferentes para deportes e modalidades distintas deberán presentar o número de formularios que procedan segundo os modelos propostos.

Prazos de presentación:

A presentación de solicitudes para as actividades deportivas de adestramento realizarase no prazo de VINTE (20) DÍAS NATURAIS desde o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web municipal do Concello de Santiago e na do Departamento de Deportes.

A presentación de solicitudes para actividades físicas (actividades extraescolares, …) estará aberto ata o 15 de setembro de 2022, para facilitar a incorporación das actividades vinculadas cos centros de ensino.

Acordo da Xunta de Goberno Local

BASES DA CONVOCATORIA