A "AULA FORMATIVA DO ADESTRADOR GALEGO"DESPIDE DECEMBRO CON NOVA CONVOCATORIA

sábado, 29 Decembro, 2012

Obradoiro CAB e Federación Galega de Baloncesto, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, despedirán o ano ofrecendo aos adestradores galegos a posibilidade de participar dunha nova actividade formativa no marco do seu proxecto común “Aula Formativa do Adestrador Galego”.


Ambas as entidades convidan aos técnicos galegos a participar dunha charla téorico- práctica que, nesta ocasión, contará co adestrador axudante do Blusens Monbus, Víctor Pérez; e co técnico vigués, César Iglesias; como referencias.


Pérez e Iglesias guiarán un monográfico sobre “xogo sen balón”. A través da súa ampla experiencia en competición, transmitirán diferentes conceptos dos que poder tomar boa nota: as “Normas Defensivas” no caso de César Iglesias, e os “exercicios para a mellora ofensiva” da man de Víctor Pérez.


Data e Inscrición: A sesión impartirase o vindeiro sábado, 29 de decembro, no Pavillón de Pontepedriña. A primeira das charlas, a cargo de César Iglesias, dará comezo ás 10.30 h. Xa as 12.30 h tomará o relevo Víctor Pérez coa súa intervención.


A participación nesta terceira actividade da “Aula Formativa do Adestrador Galego” é libre e unicamente é preciso tramitar a asistencia enviando un correo electrónico á dirección adestradores@fegaba.com.