ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO "CAMIÑO AO RESPECTO"

xoves, 21 Novembro, 2013

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia de xénero, a Secretaría Xeral da Igualdade organiza unha Andaina contra a violencia de xénero "Camiño ao respecto", que terá lugar o vindeiro domingo 24 de novembro e saída do Monte do Gozo.


A folla de inscrición (aos efectos de entrega de acreditacións) está dispoñible na páxina web da Secretaría Xeral de Igualdade. O prazo de inscricíón remata hoxe, xoves 21.


Máis información e folla de inscrición