Aberto o segundo prazo de inscrición para entidades deportivas na II Edición da Festa do Deporte

venres, 31 Agosto, 2018

Compartimos as bases reguladoras e a ficha de inscrición da II Edición da Festa do Deporte, que se celebrará os próximos 28 e 29 de setembro en Santiago de Compostela. Desde o luns, 3 de setembro e ata o próximo día 13 de setembro, estará aberto o segundo prazo de inscrición para aquelas entidades deportivas que queiran participar. 

Bases Reguladoras da Festa do Deporte

Ficha de inscrición


Teléfono de contacto do Departamento de Deportes: 981 528 730