Aberto o primeiro prazo de inscrición para entidades que queiran participar na 2ª Edición da Festa do Deporte

luns, 16 Xullo, 2018

Compartimos as bases reguladoras e a ficha de inscrición da II Edición da Festa do Deporte, que se celebrará os próximos 28 e 29 de setembro en Santiago de Compostela. Desde hoxe, 16 de xullo e ata o próximo día 31 de xullo, estará aberto o primeiro prazo de inscrición para aquelas entidades deportivas que queiran participar. 

Bases Reguladoras da Festa do Deporte

Ficha de inscrición


Teléfono de contacto do Departamento de Deportes: 981 528 730