19 DE OUTUBRO DÍA CONTRA O CANCRO DE MAMA. MARATON DEPORTIVO SOLIDARIO

domingo, 19 Outubro, 2014

O dómingo 19 de outubro celébrase o DÍA CONTRA O CANCRO DE MAMA. Nese día, o Concello de Santiago, a través das Concellerías de Deportes e de Servizos Sociais, xunto co Multiúsos Fontes do Sar, organizan un maratón deportivo solidario de zumba, caopeira e body combat.
Será no Multiúsos Fontes do Sar, de 18 a 21 h. Haberá outras actividades para nenos de ata 12 anos: inchables, camas elásticas, xogos, obradoiros...
A inscrición (5 €) destinarase integramente á Asociación Española contra el Cáncer. Pode facerse:
- No nº de conta ES25 2080 5540 3530 4000 3158 (indicando no concepto pink power)
- Na recepción do Multiúsos de Sar
- Na entrada o día do evento.