Noticias de Deporte Santiago

03/02/2017

Debido á previsión dun empeoramento do tempo durante a tarde hoxe venres 3 de febreiro, suspéndense as actividades de todos os campos de fútbol municipais e das Pistas de Atletismo do Estadio de San Lázaro.

02/02/2017

Debido á previsión dun empeoramento do tempo durante a tarde hoxe xoves  2 de febreiro, suspéndense as actividades de todos os campos de fútbol municipais e das Pistas de Atletismo do Estadio de San Lázaro.

01/02/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do presidente da Federación Española de Baile Deportivo, Luis Vañó, e da delegada territorial en Galicia, Graciela Toba, presentou o Torneo de Baile Deportivo BADEGA, que se celebra esta fin de semana en Compostela.

31/01/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá o IX Trofeo Cidade de Santiago de Judo, que reunirá a máis de 200 judokas esta fin de semana en Compostela. Na rolda estivo acompañada do presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e do presidente do Compostela Judo Club, Javier Rial.

30/01/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, participou esta mañá do acto de entrega de agasallos das Tarxetas de Nadal que cada ano organiza a entidade Special Olympics Galicia.

27/01/2017

O Concello e Santiago dispón de 22 prazas para participar na Campaña de Esquí que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de Leitariegos, na quenda do 19 ao 24 de marzo de 2017. 

16/01/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá a Concentración de Escolas Galegas de Rugby que se celebrará este sábado 21 de xaneiro no Pavillón de Santa Isabel. Na rolda estivo acompañada polo presidente e vicepresidente da Asociación Valentes, Diego Pagnotta e Fernando Pérez, e por Isabel Fernández, nai e adestradora.

12/01/2017

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE ESQUÍ na estación invernal de LEITARIEGOS na que poderán participar os nenos/-as nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006.

02/01/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do secretario da Escola de Xadrez Compostela, Marco Porto, e do xadrecista Alejandro Cereijo presentou esta mañá o torneo que a Escola celebra mañá martes a partir das 16:30 horas, en Área Central, como unha actividade máis deste Nadal.

Páginas