Noticias de Deporte Santiago

20/03/2017

A carreira percorrerá as diferentes rúas do casco histórico e rematará na Praza do Obradoir. A organización espera superar, como nas edicións anteriores, as 2.000 persoas inscritas.

17/03/2017

Velaquí o cadro coas actividades deportivas desta fin de semana do 17 ao 19 de marzo en Compostela

14/03/2017

A Concellaría de Deporte colabora un ano máis na organización do Duatlón Cidade de Santiago, que alcanza xa á súa XV edición. Desta vez celebrarase o vindeiro sábado, 18 de marzo, nun circuíto no Polígono da Costa Vella.

13/03/2017

O Concello de Santiago volveu recoñecer hoxe a traxectoria de Borja Golán, que vén de conseguir o seu décimo quinto título de campión de España de squash. Foi cunha recepción que presidiu o alcalde, Martiño Noriega, e á que tamén asistiron a concelleira de Deporte, Noa Morales, e os voceiros de PP e BNG, Agustín Hernández e Rubén Cela.

10/03/2017

Velaquí o cadro coas actividades deportivas desta fin de semana do 10 ao 12 de marzo en Compostela

08/03/2017

A concelleira de Deportes, Noa Morales, acompañada doutros/as integrantes da Corporación, recibiu as seleccións absolutas de fútbol sala feminino de Galicia e Cataluña, que onte á tarde, a partir das 20:30 horas, no Polideportivo de Santa Isabel, disputarán o Trofeo Cenor – Camiño de Santiago.

03/03/2017

Velaquí o cadro coas actividades deportivas desta fin de semana do 3 ao 5 de marzo en Compostela

27/02/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá o partido que enfrontará as seleccións absolutas de fútbol sala feminino de Galicia e Cataluña. O Trofeo Cenor – Camiño de Santiago celebrarase o martes 7 de marzo, ás 20:30 horas, no Polideportivo de Santa Isabel.

24/02/2017

Velaquí o cadro coas actividades deportivas desta fin de semana do 24 ao 26 de febreiro en Compostela

14/02/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu conta hoxe dos partidos de tenis de mesa que Santiago acollerá no marco da fase final de grupos do clasificatorio para o Campionato Europeo. Na rolda estivo acompañada polo presidente de Arteal-Santiago Tenis de Mesa e vicepresidente da Federación Española, José Albores, e pola xogadora profesional Raquel Bonilla, quen ademais está convocada coa Selección para a disputa dos encontros.

Páginas