Noticias de Deporte Santiago

12/01/2018

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela do 12 ao 14 de decembro de 2018.

08/01/2018

A Deputación Provincial da Coruña informa do comezo da campaña divulgativa de sensibilización e visibilización do deporte feminino  "Conquista os elementos"; dirixida á sociedade en xeral, pero específicamente á mocidade, asociacións, federacións e escolas deportivas municipais. 

05/01/2018

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE INVERNO na estación invernal de CABEZA DE MANZANEDA na que poderán participar os nenos/-as nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007.

19/12/2017

A xogadora compostelá do París Saint Germain, Vero Boquete, presentou xunto á concelleira de Deporte, Noa Morales, o VII Campus de Fútbol Vero Boquete, dirixido a nenos e nenas que queiran aprender técnicas e tácticas futbolísticas. O Campus estará aberto os días 27, 28 e 29 de decembro. A inscrición remata mañá mércores.

18/12/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, xunto co presidente da Federación Galega de Xadrez, Gaspar Pérez, e o secretario da Federación Española de Xadrez, Ramón Padullés, presentaron as xornadas de xadrez que percorrerán diferentes centros educativos santiagueses. Encadrada no programa Muller e Deporte, esta iniciativa, con conferencias e partidas simultáneas, busca promover a práctica feminina do xadrez e difundir o mundial cadete de xadrez que acollerá Santiago de Compostela do 3 ao 16 de novembro de 2018.

15/12/2017

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela do 15 ao 17 de decembro de 2017)

24/11/2017

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela (24 ao 27 de novembro de 2017)

17/11/2017

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela (17 ao 19 de novembro de 2017)

16/11/2017

O Multiusos Fontes do Sar acolle o 17 e o 18 de novembro o Campionato de España de Karate nas categorías cadete, júnior e sub-21. A competición será válida para obter praza nos campionatos europeos de karate de 2018, que se celebrarán na cidade rusa de Sochi.

10/11/2017

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela (10 ao 12 de novembro de 2017)

Páginas