Noticias de Deporte Santiago

05/07/2018

O rocódromo Indorwall será a sede do Campionato de España de Escalada Deportiva en Idade Escolar, que se celebra os días 7 e 8 de xullo na nosa cidade. Na proba participarán 80 deportistas procedentes de Galicia, Madrid, Castela e León, Estremadura, Valencia, Andalucía, Euskadi, Aragón e Castela-A Mancha.

29/06/2018

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela do 29 de xuño ao 1 de xullo de 2018.

26/06/2018

Un total de 345 deportistas de 22 equipos participarán desde mañá na V Jamboree de Minibasket que organizan a Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Santiago. A competición vaise desenvolver no pavillón do Restollal, con 10 equipos masculinos e 12 femininos.

25/06/2018

O venres 22de xuño, ás 11,05 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 18 prazas para participar no Campamento Deportivo que a Deputación da Coruña organiza nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo da Coruña, na quenda do 15 ao 20 de xullo.

Resultado do sorteo

Acta do sorteo

22/06/2018

O prazo oficial  de solicitude de uso das instalacións deportivas municipais para a tempada 2018/2019 estará aberto do mércores 27 de xuño ao luns 16 de xullo (ambos inclusive).

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles nas oficinas do Departamento de Deportes, na páxina web do Concello (www.santiagodecompostela.gal) e na do Departamento de Deportes (deportes.santiagodecompostela.gal

22/06/2018

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela do 22 ao 24 de xuño de 2018.

20/06/2018

A Deputación da Coruña adxudicoulle ao Concello de Santiago 18 prazas para participar no Campamento Deportivo, na quenda 3, do 15 ao 20 de xullo.

 

15/06/2018

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela do 15 ao 17 de xuño de 2018.

09/06/2018

Centos de deportistas daranse cita este sábado 9 de xuño en Área Central na cuarta edición do Día do Deporte Solidario, un evento que concentra durante toda a xornada a centos de deportistas dos diferentes clubs e entidades deportivas da cidade e comarca.

07/06/2018

A praza do Obradoiro será o lugar central da XX edición do Maratón Urbano de Special Olympics, que reunirá na popular localización compostelá a preto de 300 persoas. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deporte, Noa Morales; o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; o xerente de Aspas, Javier García, e ao atleta Jesús Cabo.

Páginas