Noticias de Deporte Santiago

03/02/2014

O Concello e Santiago dispón de 37 prazas para participar na Campaña de Esquí que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de San Isidro (León), na quenda do 21 ao 23 de marzo de 2014.


 

17/12/2013

Infórmase a todos os usuarios que durante a época de Nadal, como consecuencia dos días festivos existentes, a reserva de pista presencial modifica o seu día habitual dos martes.


Tendo en conta que os martes 24 e 31 de decembro son días non laborables no Concello, a reserva de pista presencial (nas oficinas do Departamento de Deportes) realizarase os xoves 26 de decembro e 2 de xaneiro respectivamente.


A partir da semana do 6 de xaneiro, retómase a actividade normal.

21/11/2013

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia de xénero, a Secretaría Xeral da Igualdade organiza unha Andaina contra a violencia de xénero "Camiño ao respecto", que terá lugar o vindeiro domingo 24 de novembro e saída do Monte do Gozo.


A folla de inscrición (aos efectos de entrega de acreditacións) está dispoñible na páxina web da Secretaría Xeral de Igualdade. O prazo de inscricíón remata hoxe, xoves 21.

18/11/2013

Segundo se informa por parte da Federación Galega de Fútbol, no día de hoxe chegouse a un principio de acordo para a continuidade da modalidade de fútbol dentro do programa XOGADE.


Documento da Federación Galega de Fútbol

06/11/2013

Luis Solar, Presidente da Federación de Asociacións de Xestores Deportivos de España (FAGDE) dará unha conferencia previa á Gala de entrega dos Premios Galicia á Xestión Deportiva 2013, que terá lugar en Santiago de Compostela  o vindeiro venres 8 de novembro.


Título da conferencia: ¿Es rentable la pedagogía para el fútbol español? Experiencia del Athletic Club


Hora : 18,30 h.


Lugar: Auditorio de Galicia 

05/11/2013

Debido a problemas informáticos, no día de hoxe non é posible realizar a xestión de reserva on line de polideportivos para a vindeira semana.
O servizo de informática do Concello está a traballar para resolver canto antes este problema. 
Pedimos disculpas polas molestias que esta transitoria situación lles poida ocasionar.

05/11/2013

Xa volve a funcionar a reserva online de pavillóns polideportivos municipais.

13/10/2013

O vindeiro domingo 13 de outubro celebrarase a 5ª e última proba do II Circuíto de Carreiras Saudables Corresan.


A saída será a Cidade da Cultura para as categorías de adultos (xuvenil e superiores); o resto de categorías sairán do Estadio de San Lázaro.


Horario das probas:


11,00 horas: xuvenil e superiores


11:50 h. : infantil e cadete


12:10 h. : benxamín e alevín


Máis información

Páginas