Noticias de Deporte Santiago

30/05/2017

A Deputación da Coruña adxudicoulle ao Concello de Santiago 18 prazas para participar no Campamento Deportivo, na quenda 2ª, do 26 de agosto ao 1 de setembro.

30/05/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá as obras que se acometerán no pavillón polideportivo do CEIP Apóstolo Santiago, que suporán un investimento duns 300.000 euros.

24/05/2017

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela (24 ao 28 de maio de 2017)

19/05/2017

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela (19 ao 21 de maio de 2017)

15/05/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi a I Carreira de Obstáculos pola Integración, que se celebrará na praza do Obradoiro o domingo 4 de xuño. Na rolda estivo acompañada polo director territorial de Caixabank en Santiago, Antonio Lema, e pola presidenta da Fundación Abrente, Carmen Touza.

12/05/2017

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela (12 ao 14 de maio de 2017)

11/05/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este xoves, acompañada da presidenta de Viravolta Compostela, Wendy Rey, e do responsable de Jael Joyería, José María Fernández, o Campionato Provincial de Ximnasia Rítmica, que se celebra o vindeiro mércores 17 de maio no Multiúsos Fontes do Sar.

05/05/2017

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela (5 ao 7 de maio de 2017)

04/05/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu a coñecer hoxe os detalles do II Torneo do Camiño de Quidditch, que reunirá en Compostela a cinco equipos procedentes de varias partes da Península. Na rolda estivo acompañada de Jorge Martínez e Manuel Estevo, da Asociación Deportiva Lumos Compostela, organizadora do torneo.

28/04/2017

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela (28 ao 30 de abril de 2017)

Páginas