Actualidad

16/01/2020

Debido á alerta laranxa decretada por Aemet para o día de hoxe, xoves 16 de xaneiro, suspéndense as actividades de todos os campos de fútbol municipais e do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (pistas de atletismo e ximnasio).

 

Os pavillóns polideportivos, nun principio, manteñen a súa actividade ordinaria.  

 

18/12/2019

Debido á alerta laranxa decretada por Aemet para o día de hoxe, mércores 18 de decembro, suspéndense as actividades de todos os campos de fútbol municipais e do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (pistas de atletismo e ximnasio).

 

Os pavillóns polideportivos, nun principio, manteñen a súa actividade ordinaria.  

17/12/2019

O martes 17 de decembro, ás 14,05 h. celebrouse no Salón Verde do Concello o sorteo para a adxudicación das 20 prazas do Concello de Santiago para participar na Campaña de Inverno 2020 que a Deputación da Coruña organiza na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda, na quenda do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro.

Resultado do sorteo

Acta do sorteo

17/12/2019

A Xunta de Goberno da Cidade de Santiago, na súa sesión ordinaria celebrada o 16 de decembro de 2019, aprobou as bases dos Premios Santiago Deporte para o ano 2019.

Documentos relacionados:

-         Bases reguladoras dos Premios Santiago Deporte 2019

-         Anexo 1. Proposta candidatura.

16/12/2019

Debido a razóns de forza maior, o sorteo previsto para hoxe ás 14,00 h. non se puido realizar.

 

O sorteo público terá lugar mañá, martes 17 de decembro, ás 14 horas, no salón de Plenos do Concello.

 

O resultado do sorteo publicarase nesta web.