SORTEO PRAZAS CAMPAÑA DE INVERNO 2019 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Lunes, 14 Enero, 2019

O Concello e Santiago dispón de 22 prazas para participar na Campaña de Inverno que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, na quenda do 25 ao 28 de xaneiro de 2019.

Rematado o prazo de inscrición, hai máis solicitudes ca o número de prazas que asignou a Deputación, polo que está previsto que se realice un sorteo público o martes 15 de xaneiro, ás 14 horas no Salón de Plenos do Concello.

O resultado do sorteo publicarase nesta web.